O Concello reformará o acceso ao CEIP Díaz Pardo de O Burgo para incrementar a seguridade viaria

O Concello de Culleredo dedicará o plan DTC 93, que cofinancia a Deputación da Coruña, á execución de diversas obras de máximo interese para os veciños. O pleno aprobou o pasado xoves a relación de actuacións, que abarcan desde a mellora de seguridade viaria ata a renovación de infraestruturas deportivas.

O equipo de goberno introduciu no programa de actuacións unha das máximas necesidades en materia de seguridade viaria: a reforma do acceso ao CEIP Isaac Díaz Pardo do Burgo. A situación do centro educativo fai que a entrada pase por baixo da AP-9, o que condiciona as posibilidades de ordenación do acceso.

Para incrementar a seguridade para os peóns, o Concello aposta por unha triple intervención. En primeiro lugar, as beirarrúas estreitas en ambos os lados, baixo a autoestrada, converteranse nunha moito máis ancha, facilitando a accesibilidade. En segundo lugar, fronte á entrada do colexio e do acceso ao polideportivo e campo de fútbol, crearase unha pequena rotonda que regule a circulación.

E en terceiro lugar, o paso de peóns que precede ao paso baixo a AP-9 elevarase. Deste xeito, obrígase aos vehículos a reducir a súa marcha para entrar nunha zona de especial protección polo paso dos alumnos.

Esta non será a única actuación que se desenvolverá nun centro educativo. O Concello tamén aproveitará este plan para dotar de parquet ao polideportivo do CEIP Ría do Burgo, unha necesidade para mellorar as condicións para a práctica deportiva, tanto para a docencia como para os adestramentos e competicións.


Novo firme en parques infantís

Outra das obras que acometerá o Concello será a reposición do firme dos parques infantís de Costa da Lonxa (O Burgo), paseo de Tierno Galván (Acea de Ama) e Cordeda. Os traballos consistirán na instalación de chan especial de caucho que evita as acumulacións de auga, como sucede en épocas de choivas co actual.

Por último, o Concello renovará o firme nas seguintes vías: estrada de Vinseira a Sueiro, rúa Os Condes, As Granxas, rúa Conde de Lemos e rúa Joaquín Sorolla.

En total, este plan de obras ascenderá a 296.000 euros. No plan complementario, a acometer coas baixas de licitación, o goberno municipal introduciu a instalación de rede de pluviais na avenida de Almeiras, a renovación da rede de fecais nas rúas Pablo Iglesias, O Regueiro e Laxe, e a mellora do saneamento nas instalacións deportivas do Burgo.

O equipo de goberno pretende dar resposta con este plan a algunhas das prioridades de melloras de infraestruturas detectadas polos servizos técnicos e solicitadas polos propios veciños.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina