Culleredo presenta un programa de Entroido con actos para todas as idades

O Concello de Culleredo presenta un programa de Entroido que busca dar resposta aos intereses dos veciños de todas as idades. O goberno local confección un programa con vertentes para nenos, adultos e maiores.


ENTROIDO INFANTIL

Os nenos de Culleredo celebrarán o seu Entroido o sábado 1 a partir das 17.00 horas. Será no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo. A entrada será libre.

A actuación de "Las Pamisuky" será o gran aliciente desta festa. O seu espectáculo musical que inclúe a participación continua dos asistentes fará as delicias dos máis pequenos.


ENTROIDO PARA MAIORES

Os maiores cullerdenses gozarán do Entroido o venres 28, a partir do cinco da tarde no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo. Competirán en concursos de disfraces e de sobremesas, ademais de pasar a tarde con música e baile.

Para facilitar a asistencia, o Concello disporá de servizo de autobuses, que sairán de Castelo e Boedo ás 16.00 horas pasando polo resto de parroquias. A festa para maiores terá tamén un compoñente solidario: os participantes achegarán como entrada produtos de hixiene persoal (xel, champú, cepillos e pasta de dentes) destinados ás familias con necesidade do municipio.
 

ROMARÍA DE SAN BLAS

"Benvidos todos a Veiga, meus benqueridos herdeiros, nunca pensei que acudira tal manda de larpeiros". Así se recibía aos centos de asistentes á celebración do Luns de Entroido de Veiga no ano 1991, a festa de Entroido máis tradicional e xenuína do Concello de Culleredo.

Estes versos de recibimento aos participantes formaban parte do chamado testamento, un conxunto de coplas satíricas coas que os veciños repasan a actualidade municipal, autonómica, estatal e mundial sen deixar monicreque con cabeza.

Como cada ano, o público que asistirá ao Entroido de Veiga espera ansioso o contido do testamento desta edición. A festa celébrase xunto ao cruceiro de Veiga, enmarcada na Romaría de San Blas, o luns 3 de marzo a partir das 13.00 horas.

O tradicional Entroido de Veiga cumpre 30 anos de celebración ininterrompida, xa que foi recuperado en 1984 por un grupo de veciños en colaboración co Concello de Culleredo. O equipo de goberno anima aos veciños de Culleredo a participar co seu disfrace e o seu bo humor na celebración máis popular do Entroido no municipio, que reúne a choqueiros de toda a comarca en Veiga.


ENTROIDO EN VILABOA

Finalmente, tamén o luns 3, o Concello colabora coa Comisión de Festas de Vilaboa na celebración do Entroido. Ás 20.00 horas está previsto o concurso de disfraces para nenos, con agasallo para todos os participantes, e ás 22.00 horas, o de adultos, ao que seguirá a actuación da orquestra París de Noia e da disco móbil Traffic. Haberá carpa.
 

Vista previaAdxuntoTamaño
cartel_entroido_maiores_2014.pdf130.04 KB

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina