O Concello organiza un curso de escaparatismo para o comercio local

O Concello de Culleredo apunta á campaña de Nadal como punto forte para a dinamización local do municipio. As vendas no comercio local aumentan nesa época, e o goberno municipal prepara un conxunto de iniciativas que animen ás compras nos  negocios.

Ademais das campañas e actividades que leven a cabo durante o período do Nadal, o equipo de goberno aposta por apoiar aos comerciantes con accións de formación que lles permita mellorar as súas prestacións de cara a incrementar vendas. Neste sentido, contar un negocio ben decorado pode funcionar como efecto chamada ao cliente.

Por iso, o Concello de Culleredo organiza este mes de novembro un curso de escaparatismo destinado aos comercios e perruquerías do municipio. O obxectivo consistirá en preparar aos comerciantes para deseñar o seu escaparate de acordo coas características da época.

O curso celebrarase entre os días 18 e 22 de novembro nas instalacións do Centro Municipal de Formación "Pablo Picasso". O Concello abre a inscrición para a iniciativa o vindeiro luns 11. As 20 prazas outorgaranse por orde de inscrición.

O curso constará de 10 horas, das cales 4 dedicaranse a coñecementos teórico-prácticos, e os 6 restantes, á realización de prácticas entre os establecementos participantes.

As sesións desenvolveranse en horario de 20.30 a 22.30 horas. O goberno local apostou por programar a iniciativa nun horario pouco habitual, pero que responde as necesidades dos comerciantes, que é a quen vai destinada a acción.

O curso será totalmente gratuíto. Trátase da segunda acción destas características emprendida polo Concello para apoiar ao comercio local, tras o curso de empaquetado de agasallos.

O equipo de goberno anima aos comerciantes a aproveitar este tipo de iniciativas que complementarán á campaña que desenvolverá o Concello con obxecto de promover as compras nos negocios cullerdenses.

Vista previaAdxuntoTamaño
inscricion_curso_escaparatismo.pdf71.7 KB

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina