O Concello lanza un programa de actividades específicas para mozos de 14 a 35 anos

O Concello de Culleredo aposta pola creación dunha programación de actividades específica para os mozos do municipio. Nace así o "Outono Xove", que oferta unhas 240 prazas nos principais centros de interese dos veciños de 14 a 35 anos de idade para os meses de outubro a decembro.

A Concellaría de Xuventude estrutura o programa en actividades para a franxa de 18 a 35 anos de idade, por unha banda, e nun espazo para os mozos de 14 a 18 anos, pola outra. Desta forma, o goberno local garante que as propostas se adaptan ao máximo ás necesidades de todos os mozos.

Para a franxa de 18 a 35 anos, o Concello lanza varias actividades e cursos de tipo creativo:

  • Monográficos de Tempo Libre: ideados preferentemente para mozos vinculados ao tempo libre, animadores, educadores ou voluntarios do Concello. Neles poderán ampliar os seus recursos para traballar neste campo. Haberá 5 monográficos:
    • Globoflexia
    • Manualidades 2.0
    • Organización dunha ludoteca
    • Xogos populares e tradicionais
    • Contacontos
  • Curso de coctelería: preparación e elaboración tanto de coctelería clásica como moderna
  • Curso de condución adversa
  • Curso de condución segura para motos

Para a franxa de 14 a 18 anos de idade, o goberno de Culleredo lanza actividades os venres, que levan como denominación "Os venres son para ti". Este espazo, que se desenvolverá no centro social de Fonteculler, contará coas seguintes variedades:

  • Taller de sacrapbooking
  • Taller de fimo
  • Taller de foamy
  • Customización de gorras e bolsos
  • Zumba
  • E breakdance, proximamente

O prazo de preinscrición no "Outono Xove2 está aberto e prolongarase ata o 3 de outubro, no centro de formación Pablo Picasso do Burgo.

Vista previaAdxuntoTamaño
outono_xove_info1.43 MB
outono_xove_folla_inscrición1.08 MB

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina