O Concello pon en marcha novas zonas de aparcadoiro exprés en Vilaboa e O Burgo

O goberno de Culleredo pon en marcha as novas zonas de aparcadoiro exprés creadas en Vilaboa e O Burgo. As prazas, marcadas en cor azul, comezaron a funcionar o 1 de agosto.

Estas novas zonas azuis, de carácter totalmente gratuíto, créanse a petición dos comerciantes dado o bo funcionamento do plan piloto, propiciando a realización de xestións e compras rápidas.

Até agora, a zona azul estaba implantada en tres puntos do Burgo: a praza de Europa, a avenida de Galicia e o Edificio de Usos Múltiples. Os novos puntos son:

Vilaboa:

  • Praza Sacra Familia: alberga a oficina de Correos, que ten demanda de estacionar por espazos curtos de tempo
  • Avenida de Vilaboa, na contorna de Vila Melania: lugar con entidades bancarias e as oficinas municipais, o que impulsa a facer xestións curtas. Evitará así mesmo o aparcadoiro indebido na parada do bus.
  • Avenida de Vilaboa, na parte baixa (número 92): emprazamento con entidades financeiras e locais comerciais, polo que se ve necesario o aparcadoiro exprés.


O Burgo:

  • Avenida da Coruña: rúa con gran concentración de entidades bancarias e negocios locais.
  • Rúa Alfonso VII, diante da nova oficina de Correos: para dar servizo aos veciños que acudan á nova estafeta
  • Ampliación da zona azul da praza de Europa, debido ao elevado uso que presenta.


Con estas medidas, o número de prazas de aparcadoiro exprés pasará de 30 a unhas 75 en total. O funcionamento destes puntos de aparcadoiro exprés será o mesmo: será necesario marcar a hora de estacionamento mediante os discos ou simplemente anotándoa nun papel visible no parabrisas.

Todos estes emprazamentos foron solicitados pola Asociación de Comerciantes de Culleredo en diferentes mesas de traballo nas que tamén participaron a concelleira de Promoción Económica, Marta Igrexas,  e Juan Carlos Lobelle, concelleiro de Dinamización Local. Tamén foron postos en coñecemento da asociación de Veciños O Noso Burgo nunha recente reunión mantida entre o primeiro tenente de alcalde, José Ramón Riobóo, e o presidente da entidade, Ramón Sixto.

O primeiro tenente de alcalde apunta que a medida garante "a rotación no uso das prazas de aparcadoiro". Sinala que, segundo os informes que dispón a Policía Local, o parking exprés reduce as infraccións por paradas en dobre fila. Riobóo aposta polo establecemento de medidas sempre de forma coordinada cos veciños e comerciantes para crear facilidades a todos os colectivos.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina