O Concello organiza o venres e sábado rutas en kaiak pola ría para mozos

O goberno de Culleredo aposta pola realización de programas xuvenís que atendan aos centros de interese dos veciños. Se na actualidade o Concello leva a cabo varios talleres de formación dirixidos a mozas, esta semana propón unha actividade aproveitando os recursos deportivos da ría do Burgo.

Trátase dunha ruta en kaiak pola ría, partindo desde a ponte romana. Desenvolverase os próximos venres 26 e sábado 27. O concelleiro de Dinamización Local e Xuventude, Juan Carlos Iglesias Lovelle, explica que para ofrecer unha mellor actividade aos mozos cullerdenses, estruturouse a actividade por franxas de idades.

O venres estará destinado aos mozos de 14 a 17 anos e o sábado aos de 18 a 30 anos. Ambas as rutas terán lugar en horario de 18.00 a 20.30 horas e serán totalmente gratuítas para os mozos empadroados en Culleredo.

Para participar na actividade será necesario formalizar previamente a inscrición durante esta semana. Os interesados poden contactar co departamento municipal de Xuventude no centro municipal Pablo Picasso, por teléfono no 981 664204, ou mediante o correo electrónico cipax@culleredo.org.

A actividade conterá diferentes sesións. Os monitores darán clases sobre o manexo da embarcación, explicarán como realizan manobras de autorrescate e as normas de seguridade. Pola ría levarán a cabo distintas dinámicas e xogos cos kaiaks e o itinerario polo Burgo.

Para poder participar na actividade é necesario saber nadar cun nivel que permita percorrer 100 metros de forma continua. Os asistentes levarán bañador e chanclas ou zapatillas deportivas usadas, aínda que é recomendable ir con neopreno e escarpíns.

Lovelle aposta pola realización de iniciativas para os mozos de diferentes ámbitos e de forma continuada para que conten cunha oferta municipal "atraínte e que promova a súa participación activa". O edil considera que neste sentido a ría do Burgo ofrece posibilidades para actividades como esta, ideais para o verán e complementando as festas do Burgo.

Durante este mes, o Concello desenvolve un taller de primeiros auxilios e un de fotografía dixital para mozas, sendo a formación outro dos campos prioritarios para o goberno municipal.
 

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Canle Culleredo

Emisión en directo de plenos municipais e material audiovisual municipal.

Acceda a canle

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina