O goberno de Culleredo inclúe ás Bibliotecas Municipais entre as opcións de actividades de verán de que dispoñen os veciños. A sala infantil da Biblioteca do Burgo inicia un programa de talleres que se prolongará durante todos os mércores dos meses de xullo e agosto.
A Concellaría de Cultura deseñou unha variada programación, baseada principalmente no ámbito das manualidades, dirixida para nenos e nenas maiores de 5 anos de idade.
As actividades comezan o mércores 3, coa construción dun gran paxaro de cores. Terá lugar en horario de 16.30 a 18.00 horas.
Ese mesmo horario será o que se adopten os seguintes talleres do mes de xullo, segundo o seguinte calendario:
En agosto, o horario pasará a ser de 11.30 a 13.00 horas. O programa é o seguinte:
A inscrición para cada unha das actividades efectuarase na mesma semana nas instalacións da Biblioteca do Burgo, sita no Edificio de Servizos Múltiples.
Esta programación cultural súmase aos campamentos urbanos, os cursos do Conservatorio, os talleres para mozos, as dinámicas para persoas con discapacidade ou os campus deportivos dos diferentes clubs que permiten ás familias cullerdenses diferentes opcións para a conciliación da vida familiar e laboral.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER