O Clube de Chave O Xismo resultou vencedor do Torneo de Chave que organizou o sábado o Concello de Culleredo, e que alcanzou este ano a súa XXXII edición, baixo a dirección técnica do Clube de Boedo, onde tivo lugar a cita. En segundo e terceiro posto, coa mesma puntuación, quedaron o Clube de Chave Ledoño e o Clubes de Chave Aldea, respectivamente.
Asistiron ao acto de entrega de premios o concelleiro de Deportes, Miguel Suárez, a concelleira de Promoción Económica, Formación e Emprego, Marta Iglesias, Salvador Díaz, responsable do Clube Boedo e Eduardo Bujía, Secretario de A Irmandade de Chave.
Vista previa | Adxunto | Tamaño |
---|---|---|
32_torneo_chave_2013.pdf | 81.8 KB |
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER