Culleredo poderá aforrar 50.000 euros na compra de auga en 2013 polas chuvias caídas

As fortes choivas que están a caer permitiron ao Concello de Culleredo comprar 40.283 metros cúbicos menos de auga a EMALCSA no primeiro trimestre do ano, con respecto a 2012. Esta baixada na compra supón un aforro para as arcas municipais de 11.531,22 euros.

O ano pasado, no primeiro trimestre, o Concello comprou 467.319 metros cúbicos e este ano no mesmo trimestre, 427.0367 metros cúbicos. Dita redución débese á gran cantidade de choiva caída, o que permitiu unha recuperación dos acuíferos do sistema de captación propio, que dispón o Concello de Culleredo no Monte Xalo.

A recuperación dos acuíferos, permite dispor na captación do Concello dunha maior porcentaxe de cantidade de auga dispoñible e por tanto a ampliación da distribución a un maior número de usuarios.

O Concello de Culleredo móstrase satisfeito polas vantaxes desta situación, que considera poderase manter ao longo do ano, o que produciría un aforro superior aos 120.000 metros cúbicos no ano 2013, e un aforro económico próximo aos 50.000 euros.

O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, apunta que esta contía que se reinvestirá en melloras na rede de augas.

Cada ano o Concello de Culleredo, compra auga a EMALCSA sobre 2 millóns de metros cúbicos, o que lle supón un importe de 540.000 euros.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina