ZOAR EMSEMBLE
Xoves 1 de decembro
de 2011 20:30 h.
Salon de Actos do Conservatorio Profesional de Música de Culleredo
Pre-estrea de “Quintetto di fiati”, primeiro quinteto de Gabriel Bussi, compositor e violinista da Sinfónica de Galicia.
PROGRAMA DO CONCERTO
“Canto do Arrieiro” - Carlos García López-Picos
Peza curta do compositor betanceiro, escrita en Bos Aires no agosto do 1966.
“Petite offrande Musicale” - Nino Rota
Adicada ao seu profesor Alfredo Casella, esta pequena peza foi escrita no 1945 en Roma.
“Quintetto di fiati” - Gabriel Bussi
Pre-estrea do primeiro quinteto do compositor e violinista da Sinfónica de Galicia. Escrito completamente na tradición clásica, tanto formal como estilísticamente, consta dos seguintes 5 movementos:
I. Andante con moto
II. Intermezzo - Andante
III. Adagio non troppo
IV. Scherzo - Allegretto
V. Maestoso - Allegro vivace
O primeiro movemento, en forma sonata, comeza coa trompa expoñendo un primeiro tema, tendo o clarinete o protagonismo no segundo. O final do movemento a trompa irrompe cun novo motivo que vaise escoitar en diferentes puntos clave de toda la obra, aínda que formalmente non é tema principal de ningún dos movementos. O segundo, introducido polo mesmo motivo na trompa, é un breve intermezzo que conduce!ao terceiro, de tempo lento e carácter lírico. O cuarto movemento é un scherzo con trío, seguindo o esquema clásico. Aquí tamén, no punto culminante do trío xurde o motivo da trompa.O derradeiro ten unha introdución lenta seguida por un rondó alegre, en forma sonata, cun extenso traballo contrapuntístico. Ao final volve sonar o material da introdución, e unha vez máis a trompa anuncia a conclusión da obra co recorrente motivo.