O Concello de Culleredo renovará equipamentos do paseo marítimo do Burgo

O Concello de Culleredo prepara unha renovación de parte dos equipamentos que dispón o paseo marítimo do Burgo, zona verde referente no municipio e na comarca da Coruña. Así, o plan de actuación do goberno local que preside Julio Sacristán pasa por modernizar instalacións proporcionando maior servizo aos usuarios.

As pistas polideportivas existentes na zona da Cros serán un dos recintos que se remodelarán. Actualmente, as infraestruturas carecen de iluminación, polo que o Concello instalará puntos de luz que permitirán que se amplíe o seu horario de uso. Nas tardes e fins de semana son moitos os nenos e mozos que practican deporte nestas pistas.  nova iluminación admitirá tanto que se acenda e apague en conxunto coa luminación pública como que estea regulada por temporizadores e pulsadores na propia pista.

Xunto ás pistas emprázase un parque infantil, ao que tamén se dotará de iluminación para facilitar o seu uso. As luminarias serán de carácter antivandálico.

Outro dos puntos de actuación serán os aseos e a zona das pérgolas. Nos servizos limparanse as pintadas, repararase a cuberta e as portas, instalaranse 12 novas xanelas fixas e renovarase a electricidade e a fontanaría. Na zona das pérgolas repararase o asfalto.

En total, o Concello de Culleredo destina máis de 80.000 euros para o proxecto de mellora do paseo marítimo. A duración estimada da obra, que se atopa en trámites de contratación, será dun mes e medio.

 

pistas do paseo

 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina