Venres 6 de maio 19:30 horas no Auditorio o Conservatorio. Entrada libre
Lidia Espido e Alexandra Pita
O dúo integrado por Lidia Espido e Alexandra Pita xurde ante a
inquedanza de ambas por explorar o repertorio a catro mans e como resultado dun mesmo enfoque e acercamento á música.
A súa presentación ten lugar en decembro de 2008.
As dúas pianistas compartiron mestres e conservatorios durante a súa formación; estudaron no Conservatorio Superior de Música de
A Coruña; realizaron o Máster en Interpretación Pianística organizado pola Universidade de A Coruña e impartido por Albert Atenelle, e completaron os seus estudos na Hogeschol voor de Kunsten de Utrecht
(Holanda).
Durante dous anos consecutivos (2009 - 2010) gañan a bolsa do Centro de Estudios Pianísticos (Barcelona) grazas a cal afondan no mundo do piano a catro mans traballando con especialistas como Bruno Canino, Michel Béroff, Marta Zabaleta, Helen Krizos e Mirabela Dina.
No 2010 son seleccionadas polos profesores Imre Rhoman e Josep Colom para realizar os curso de postgrao de música de cámara que imparten na Aula de Música da Universidade de Alcalá de Henares .
Ademáis perfecciónanse de xeito regular baixo a dirección da concertista Ilona Timchenko.
Dentro do repertorio que abordan destaca o seu interese pola música do século XX. Participan en numerosos concertos e proxectos con fines pedagóxicos para achegar a música aos máis pequenos.
Na actualidade traballan xuntas no Conservatorio Profesional de Música "Xan Viaño" de Ferrol.
Programa Concerto
Parte I
MAURICE RAVEL (1875-1937)
Ma mère l'oye, cinq pièces enfantines (Miña nai a oca, cinco pezas infantiles)
- Pavane de la Belle au bois dormant (Pavana da durminte)
- Petit poucet (Polegariño)
- Laideronnette, impératrice des pagodes (Feuchiña, emperatriz das pagodas)
- Les entretiens de la Belle et de la Bête (As conversas da Bela e a Bestia)
- Le jardin féerique ( O xardín encantado)
FRANZ SCHUBERT (1797-1787)
Fantasía en fa menor D 940
Parte II
SERGE RACHMANINOFF (1873-1943)
Seis pezas, Op.11
-Barcarola
-Scherzo
-Tema Ruso
-Vals
-Romance
-Slava!
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER