O Concello abrirá de inmediato o polideportivo do CEIP Ría do Burgo

O Concello de Culleredo porá en funcionamento o novo polideportivo de Fonteculler, situado xunto ao colexio de Educación Infantil e Primaria "Ría do Burgo", á volta de Semana Santa. O Concello ultima a apertura do que será o cuarto pavillón deportivo radicado no municipio.

A actuación no polideportivo supuxo un investimento de 1 millón de euros. O proxecto desenvolveuse en varias fases, inicialmente coa construción da pista e a cuberta e posteriormente coa construción das bancadas e vestiarios. Aínda que, nunha primeira previsión, proxectouse que se tratase dunha pista cuberta, o Concello apostou por ampliar o proxecto a dotalo de servizos imprescindibles para xogadores e público.

Ademais, o plan contemplou a urbanización da contorna exterior coa creación de beirarrúas que faciliten o acceso aos usuarios tanto desde a rúa como desde o propio colexio. Tamén se creou un espazo dedicado ao aparcadoiro de vehículos. Outra das características peculiares do recinto radica na auga das duchas dos vestiarios, que será quentada a través dun sistema propio de enerxía solar, de cara a mellorar a eficiencia enerxética, unha das metas nas actuacións que vén acometendo o Concello.

O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, recoñece sentirse "moi satisfeito" pola inminente apertura dun recinto que proporcionará un servizo "moi necesario" tanto para a comunidade educativa do colexio como para os veciños. E é que coa finalización desta actuación poderanse realizar na polideportiva toda clase de actividades escolares, xa que o pavillón en horario escolar será utilizado polo colexio Ría do Burgo e fóra dese horario escolar utilizarase polos clubs federados do Concello.

Sacristán sinala que a construción deste pavillón "consolida o investimento continuado que vén realizando o equipo de goberno nas infraestruturas deportivas do municipio". Desde 2007, o investimento en materia de equipamentos deportivos superou os 3 millóns de euros. Nesta época construíronse dous pavillóns, o radicado na parroquia de Almeiras e este levantado xunto ao CEIP Ría do Burgo, e cubríronse outro catro pistas, as emprazadas en Celas de Peiro, Castelo, Castro-Vilaboa, e no colexio Isaac Díaz Pardo do Burgo.

 

Polieportivo

 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina