Acto de inauguración da exposición de pintura de Nuria Mosqueira e Beatriz Ribo

Comezan os encontros culturais de outono, tamén no apartado artístico,coa exposición de dúas xovenes artistas, ademais de Culleredo, o que supón unha enorme satisfacción para nos, xa que nos próximos días inauguraremos obra de outra nova pintora.

A Concellería de Cultura do Concello de Culleredo organiza o próximo venres 8 de outubro de 2010, ás 20.30 h, na Aula de Natureza "Juan Lembeye" do Xardín Botánico Ría do Burgo (O Burgo -Culleredo), o acto de inauguración da exposición de pintura de Nuria Mosqueira e Beatriz Ribo.

No transcurso do acto intervirán:

Celestino Poza Domínguez, concelleiro de Cultura.
Carlos Pereira Martínez, historiador.
Nuria Mosqueira, pintora.
Beatriz Rico, pintora.

A exposición permanecerá aberta ao público do 8 ao 30 de outubro de 2010, no seguinte horario:

Luns a venres: de 18.00 a 21.00 h.
Sábados: de 11.00 a 13.30 e de 16.00 a 20.00 h.


A Aula de Natureza "Juan Lembeye" do Xardín Botánico "Ría do Burgo" acolle a primeira exposición de pintura "case individual" de dúas mozas artistas, dúas estudantes de Belas Artes: a nosa conveciña Nuria Mosqueira, e a veciña de Oleiros Beatriz Rico.

O pasado mes de agosto acollía a Sala dos Muíños de Acea de Ama a exposición Feito en Culleredo, II, que recollía obra de pintores, escultores, fotógrafos, ceramistas ou poetas residentes no municipio. E dicíamos na presentación desa exposición que sempre tivéramos unha especial preocupación por apoiar aos artistas vencellados co municipio.

Nada mellor que facelo, agora, con estas xoves pintoras que realmente inician, con esta exposición (dado que poden amosar, cada unha, un número importante de obras), a súa traxectoria individual.

¡Quen sabe os éxitos que lles deparará o futuro!

É unha excelente ocasión para que nos acompañedes na inauguración da exposición.

Datos biográficos

Nuria Mosqueira Varela naceu en 1989. Reside en Culleredo. Logo de cursar o Bacharelato de Artes no IES Adormideras da Coruña, na actualidade estuda Belas Artes na Universidade de Salamanca.
Obtivo un accésit no XII Certame "Salamanca monumental" 2010.

Obtivo o 1º premio no Certame de Pintura ao aire libre Postales coruñesas (2007).

Participou nas exposicións colectivas XII Certame Salamanca Monumental (2010) e en Feito en Culleredo, II (na Sala dos Muíños de Acea de Ama do Concello de Culleredo).

Beatriz Rico Albadalejo naceu en Coruña en 1989 e reside no concello de Oleiros. Cursou tamén o Bacharelato artístico no IES Adormideras da Coruña, e na actualidade estuda a licenciatura de Belas Artes na Universidade de Barcelona, así como Historia da Arte na UNED.

Ten obtido varios premios de debuxo en concursos convocados pola Xunta de Galicia, e participado na exposición colectiva da II edición do concurso de pintura rápida de Ribadavia e no concurso de pintura rápida en Molins de Rei (Barcelona).

Vista previaAdxuntoTamaño
DÍPTICO NURIA-BEA 2010.266.26 KB

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina