"Feito en Culleredo II"

A Concellería de Cultura do Concello de Culleredo organiza o próximo mércores 28 de xullo de 2010, ás 20.30 h, na Sala de Exposicións "Xosé Rey Lago" dos Muíños de Acea de Ama (O Burgo - Culleredo), o acto de inauguración da exposición colectiva FEITO EN CULLEREDO, II.

No transcurso do acto tomarán a palabra:

Celestino Poza Domínguez, concelleiro de Cultura.
Carlos Pereira Martínez, historiador.

A exposición permanecerá aberta ao público do 28 de xullo ao 3 de setembro de 2010, no seguinte horario:

Luns a venres: de 18.00 a 21.00 h
Sábados: de 12.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 h


Hai dous anos organizamos, baixo o título de Feito en Culleredo, a primeira exposición que simbolizaba o que representaba o municipio de Culleredo no mundo da arte. "Feito en Culleredo". Foi unha exposición colectiva de artistas que tiñen algún tipo de relación co noso concello: uns naceran aquí, outros tiñan a súa residencia ou tiñan instalado o seu estudo artístico. Todos eles, artistas de moita calidade.

Dende o verán do ano 2000, cando abriu as súas portas a Sala de Exposicións "Xosé Rey Lago", téñense realizado, en diversos espazos (a propia Sala, a Aula de Natureza, o Museo dos Muíños, o Edificio de Servizos Múltiples ou algunha praza pública) 273 exposicións de diverso tipo. Esta é a nº 145 das realizadas na Sala Rey Lago.

A isto temos que engadir, no ámbito docente, a traxectoria das Escolas Culturais Municipais (debuxo, pintura, fotografía...) ou os cursos de gravado calcográfico, así como o Concurso de Pintura "Pintor Argüelles", os Encontros de Pintura e Poesía ou a inclusión da pintura na Feira de Artesanía, Libro e Pintura.

Tamén, ao longo destes anos, houbo unha especial preocupación por apoiar aos artistas locais, sendo xa varios os que realizaron nas nosas Salas exposicións individuais ou colectivas.

Velaquí esta segunda mostra, que incorpora máis artistas, varios deles moi xoves, e que abrangue diversos aspectos das Artes: o debuxo, a pintura, a escultura, a cerámica, a fotografía, o cómic e a poesía.

Relación De Artistas

Pintura: Charo Arriaza, Diana Atchinson, Lola Beade, Tim Behrens, Lidia Carrión, Miguel Anxo Lamela, Vanessa Lodeiro, María Martínez, Miguel Melero, Carlos Montero, Nuria Mosqueira, Carlos Pereira, Isabel Pintado, Tino Poza, Carmen Quiñoá, Beatriz Ruíz, Gosia Trebacz, Luisa Valdés.

Fotografía: Luis M. Iglesias, Xurxo Lobato, Román Montesinos, Pedro Pastor

Escultura: Soledad Penalta, Iria Rodríguez

Cómic: Xurxo García Penalta

Cerámica: Rafael Magán

Poesía: Pablo Bouza, Luz Campello, Miguel Anxo Fernán Vello

Para máis información ver o arquivo que se achega.

Vista previaAdxuntoTamaño
Díptico exposición Feito en Culleredo II154.49 KB

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Canle Culleredo

Emisión en directo de plenos municipais e material audiovisual municipal.

Acceda a canle

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina