Complemento para titulares de PNC (xubilación e invalidez) que residan en vivenda alugada

Requisitos:

  • Ter recoñecida unha PNC de xubilación ou invalidez na data da solicitude e na de resolución. 
  • Carecer de vivenda en propiedade. 
  • Ser titular do contrato de arrendamento da vivenda na data da solicitude. 
  • Non ter relación de parentesco ata o 3º grao co arrendador da vivenda alugada. (Organigrama de parentesco)
  • Ter fixada a súa residencia habitual na vivenda alugada.

Se na mesma vivenda alugada conviven dúas ou máis persoas que tiveran recoñecida a PNC, so terá dereito a este complemento aquel/aquela que sexa titular do contrato de arrendamento ou, de ser varios, o primeiro deles.
Enténdese que a vivenda é domicilio habitual cando a vixencia do arrendamento non sexa inferior a un ano e teña residido na mesma durante un período mínimo de 180 días inmediatamente anteriores á data da solicitude. 

Contía:
A contía do complemento para o ano 2010 é de 525 euros anuais, que se fará efectivo nun pagamento único, que se fará efectivo con anterioridade ao 31 de decembro de 2010. 

Documentación:

  • Solicitude (Ver formulario)
  •  Certificado catastral telemático que acredite a carencia de vivenda en propiedade. 
  • Fotocopia cotexada do contrato de arrendamento no que figure a localización da vivenda, a identificación do arrendador e do arrendatario e a duración do contrato. No caso de inexistencia de contrato, outro medio de proba válido en dereito. 
  • Certificado de empadroamento. 
  • Declaración responsable do/da pensionista na que conste que o/a arrendador/a ou arrendadores da vivenda alugada non teñen con él relación de parentesco, por consanguinidade, adopción ou afinidade, ata o 3º grao.

Lugar de tramitación:

  • Servizos Sociais municipais ou no Centro de Saúde.
  • Departamentos Territoriais da Consellería de Traballo e Benestar

Prazo de presentación:

Ata o 31 de decembro do ano en curso.
A resolución deberá ditarse e notificarse no prazo máximo de 3 meses dende a data de entrada en rexistro da solicitude.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina