Precisa informe social mediante cita cos Servizos Sociais Municipais ou do Servizo Galego de Saúde.
Teléfonos: O Burgo: 98165450
Vilaboa: 981660079
Centro de Saúde: 981666564 / 981666151.
Documentación:
-
-
Copia do DNI do solicitante ou representante legal, se é o caso.
-
Certificado de residencia.
-
Certificado do recoñecemento do grado de minusvalidez e/ou da dependencia.
-
A imposibilidade de utilización de transportes colectivos acreditarase coa resolución de recoñecemento do grao de minusvalidez cando nela conste a existencia de dificultades de mobilidade para utilizar transportes colectivos ou do profesional habilitado para o efecto. (
Ver formulario)
-
Copia da declaración do IRPF do exercicio inmediatamente anterior ao momento da solicitude ou, no caso de non ter obriga de presentar a declaración, declaración responsable de todos os ingresos obtidos no referido período e copia da documentación acreditativa deles. Esta información poderá obterse directamente polo órgano xestor e polos medios telemáticos da Axencia Tributaria, logo de autorización das persoas interesadas.
Lugar de presentación:
-
Servizos Sociais Comunitarios do domicilio da persoa solicitante
-
Departamentos Territoriais da Consellería de Traballo e Benestar
-
Polos medios previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Tarxeta de usuario/a:
O recoñecemento da condición de usuario/a acreditarase mediante unha tarxeta chip ou similar en que figurarán os datos persoais e un nº de identificación do/a usuario/a. Esta tarxeta, que será persoal e intransferible, deberase presentar cada vez que se utilice o servizo e servirá, así mesmo, como medio de pagamento electrónico.
Prazo de presentación:
Durante todo o ano.