IX BurgoJazz 2009

Mércores 15 de xullo ás 20:30 horas, na Aula da Natureza do Xardín Botánico "Ría do Burgo", o Festival BURGOJAZZ ofrece a actuación dunha das formacións clásicas do Jazz Coruñés, "JAZZ VIDES QUARTET" nun Festival que este ano dedicamos precisamente ás mellores formacións do Jazz Galego.

Ofrécenos temas de estándares amplamente coñecidos aos que os músicos de jazz recorren con frecuencia como base para improvisar. Cancións de autores coma Gershwin accederon á categoría estándar na era do swing.
O seu líder é o trompetista Guillermo Lancelotti, quen aos 15 anos comeza a súa carreira e descobre os sons do jazz a través de Louis Armstrong.
Convértese nun trompetista versátil e participa en varios festivais de jazz internacional compartindo escenario con B. B. King. Tamén colaborou con grupos como Os Satélites, Big Botton Band e Mercedes Peón.
Trompeta e Filiscorno: Guillermo Lancelotti
Guitarra: Fernando Varela
Baixo: Carlos Martínez
Batería: Álvaro de Camariñas
Cartel BurgojazzPor noveno ano consecutivo a Concellería de Cultura do Concello de Culleredo, tras o éxito acadado nas edicións anteriores, presenta de novo o IX Festival BURGOJAZZ cun programa anovado, onde non repite ningún grupo, que estivera nas anteriores edicións, e que este ano dedicamos ás mellores formacións do JAZZ - GALEGO, e que se celebrará os días 13 - 14 - 15 - 16 - 17 de xullo na Aula da Natureza do Xardín Botánico "Ría do Burgo", salvo o concerto inaugural que será no Edificio Municipal de Servizos Múltiples de O Burgo.

Para máis información ver os arquivos que se achegan.

Vista previaAdxuntoTamaño
jazz triptico.pdf 83.66 KB
BURGOJAZZ 09 - general.pdf 127.67 KB

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina