Amplíase ata o 7 de abril o prazo para inscribirse no Congreso Galego de Acción Voluntaria 2009

Amplíase ata o 7 de abril o prazo para inscribirse no Congreso Galego de Acción Voluntaria 2009 que terá lugar o 23 de abril en Compostela, baixo o lema "Acción voluntaria, acción transformadora"
A Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade amplia ata o luns, 7 de abril o prazo para inscribirse no Congreso Galego de Acción Voluntaria 2009 como congresista, ou ben para que as asociacións presenten a súa solicitude para participar na feira de entidades cun expositor propio. A Oficina Municipal de voluntarido OMVOL vai participar cun stand informativo onde divulgará as actividades que se desenvolven no concello de culleredo con entidade voluntaria.
O CGAV 09 vai ter lugar o vindeiro 23 de abril baixo o lema "Acción voluntaria, acción transformadora". Esta convocatoria na que se queren reunir entidades de todo o país é a cuarta edición deste foro de encontro e intercambio de ideas sobre a acción voluntaria en Galiza.

Todos os prazos para inscribirse permanecerán abertos unha semana máis ata o vindeiro 7 de abril ás 20.00 horas nesta mesma web. Os voluntarios, ou o público en xeral, que queiran asistir ao evento debe inscribirse previamente cubrindo o formulario correspondente a través de correo electrónico ao enderezo voluntariado@xunta.es Ao mesmo pode accederse premendo directamente sobre esta ligazón ou ben, clicando directamente desde a sección PLANS E PROGRAMAS, sección CONGRESO GALEGO DE ACCIÓN VOLUNTARIA 2009.

Por outra parte, aquelas entidades de acción voluntaria (EAV) que desexen acudir con expositor propio á feira de asociacións, reservar un espazo na zona de exposición común ou proxectar material audiovisual na sala multimedia, poderán anotarse cubrindo tamén o correspondente formulario. A plantilla descárgase directamente dende a sección PLANS E PROGRAMAS, sección CONGRESO GALEGO DE ACCIÓN VOLUNTARIA 2009 e logo debe enviarse

Para calquera dúbida ou aclaración, os interesados pódense poñer en contacto co Teléfono Solidario 900 400 800.

 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina