O Concello estudiará con Asicasa melloras na línea de interés municipal e no servizo á zona rural e centro loxístico.

O goberno local referendou o seu interese por manter e mellorar as liñas de transporte intermunicipal.
O alcalde, Julio Sancristán, asinou o convenio para o mantemento deste servizo coa empresa Asicasa, no que se establecen as achegas económicas ás que terá que facer fronte o Concello así como outros compromisos adquiridos polas dúas partes para seguir mellorando o servizo de transporte no municipio.

O goberno local reiterou, neste sentido, o seu interese por seguir ofrecendo aos veciños este servizo intermunicipal que contempla a liña de interese municipal Tarrío-Vilaboa-O Burgo. Para iso achegará 75.628 euros correspondentes ao ano 2007 e outros 79.409 previstos para o actual exercicio.

O convenio asinado entre o Concello e Asicasa tamén recolle que amabas partes seguirán negociando a posibilidade de mellora do Transporte Metropolitano no municipio, non só no que incumbe á liña de interese municipal senón ao resto de liñas e rutas concesionarias en Culleredo, dentro do marco do convenio de transporte metropolitano e en especial das liñas:
-Sueiro-Tarrio, coa posibilidade de modificar o itinerario.
-liña de interese municipal Tarrío-Vilaboa-O Burgo, estudar algunha frecuencia máis por Liñares e posibilidade da súa extensión á zona da Corveira e Fonteculler
-novo estudo das liñas da zona rural e Centro Loxístico de Transportes.

O convenio asinado enmárcase no plan de transportes metropolitano en cuxas basees sobre financiamento contémplase que os concellos comprométense a financiar o custo do déficit de explotación da liña a partir de 2007. O pasado mes de abril tivo lugar a reunión da Comisión de Seguimento na que a Dirección Xeral de Transportes instou aos Concello e ás empresas a negociar o prezo de devandita liña de interese municipal para os anos 2007 e 2008. Logo desta reunión celebráronse os correspondentes encontros entre o Concello e Asicasa para negociar e avaliar os custos de mantemento da liña de interese municipal, chegando ao acordo de abonar á empresa as cantidades mencionadas anteriormente unha vez examinados os datos de explotación da liña.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina