Xornada de judo en Culleredo

Campionato galego infantil e cadete fase norte
9º encontro concello de Culleredo

Informámosvos sobre a actividade que van realizar os alumnos do noso club, Judo Club Culleredo:
O vindeiro sábado día 5 de Abril, celebrarase a Xornada de Judo en Culleredo dentro do Campionato Galego Infantil e Cadete con competición masculina e feminina nas diferentes categorías dentro dos anos de nacemento 1992/93/94/95.

O programa será do seguinte xeito:

A pesada dos judokas comezará a partir das 9:00 horas.
A competición dará comezo a partir das 10:30 horas.

A clausúra farase ao finalizar as finais de cada peso e categoría coa entrega de medallas correspondentes a ouro, prata e bronce. Ademais de agasallos e diplomas de clasificación para os participantes. A hora de entrega de premios será sobre as 14:00 horas.

Contamos coa participación de 250 judokas e 35 profesores de toda Galicia, ademais do Equipo Técnico da Federación Galega de Judo e a presenza do Concelleiro de Deportes do Concello de Culleredo.

Damos as grazas a todas aquelas Institucións e Empresas que colaboraron co Judo Club Culleredo para poder realizar este evento. Destacando a:

Concello de Culleredo - Concellería de Deportes
Axiña Servizos Deportivos, S.L.
Federación Galega de Judo
Coca Cola  Begano, S.A. 
A súa Publicidade 24 horas 
Colexio Rías Altas

Teléfono de contacto: 659.053.370 Alejandro Abando
Fax: 981.912.138 e-mail: axinasd@axinasd.com  

 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina