A rede viaria do Monte Alfeirán está a experimentar unha notable mellora. O Concello de Culleredo traballa no asfaltado de varias rúas, un dos principais investimentos municipais do ano 2011.
O Concello de Culleredo abrirá a finais de ano un novo local en Fonteculler, na praza Daniel Rodríguez Castelao, que acollerá a celebración de diferentes actividades e actos e a atención de Servicios Sociais. Desta forma, o goberno municipal querer achegar as iniciativas das distintas concellarías e o traballo social aos veciños de Fonteculler.
O núcleo de Peiro dispón dun novo parque, dotado de zonas verdes e mobiliario urbano, acometido polas 33 persoas desempregadas que forman parte do obradoiro de emprego. Agora, o centro de Peiro conta con pista deportiva, parque infantil e o novo parque, posibilitando o encontro e o asueto dos veciños de todas as idades.
O Concello de Culleredo celebrou a terceira reunión da Comisión Especial do Aeroporto de Alvedro. Nela, o alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, deu conta aos grupos municipais da corporación das novidades acerca da ampliación da pista do aeroporto que acomete AENA, tanto do referente ás obras como do proceso de insonorización das vivendas.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER