O Concello de Culleredo aproba a cesión dun local a Correos para que poida ofrecer os seus servizos postais aos veciños da zona do Burgo. Trátase dun espazo de 34 metros cadrados de superficie, situado na antiga Casa da Xuventude, sita na rúa Alfonso VII do Burgo. A cesión do local prodúcese por un prazo de 12 anos, prorrogables ata un máximo de 24.
O Concello de Culleredo saca a licitación o servizo de tratamento como residuos dos vehículos abandonados ante a proliferación de casos que encheu o depósito municipal. Con este servizo, unha empresa adxudicataria, cun centro xestor autorizado, será a que se encargue de retirar os vehículos con esta clasificación e farase cargo dos residuos, abonando ao Concello unha contía. Tamén os particulares poderán entregar vehículos á empresa, recibindo un pago da mesma.
As fortes choivas que están a caer permiten ao Concello de Culleredo comprar 40.283 metros cúbicos menos de auga a EMALCSA no primeiro trimestre do ano, con respecto a 2012. Esta baixada na compra supón un aforro para as arcas municipais de 11.531,22 euros que no que resta de ano podería chegar aos 50.000 euros. O alcalde apunta que a contía investirase en melloras na rede de augas.
O Concello de Culleredo sacará a licitación en abril diversas obras por importe de 579.942,55 euros. Correspóndense ao Plan de Obras e Servizos de 2013, ao Plan Complementario do POS 2012 e diferentes subvencións. O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, sinala que as obras programadas "paliarán as deficiencias detectadas polos servizos municipais e as peticións efectuadas polas asociacións de veciños nalgúns casos".
As vindeiras datas previstas para a tramitación do DNI no Concello de Culleredo son o 25 e 26 de xuño, nas oficinas municipais de Vilaboa, sitas no Pazo Villa Melania. Haberá que solicitar cita con anterioridade, desde 0 2 de maio, ben en persoa en ditas oficinas ou no número de teléfono 981 65 00 77, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres.
O Concello de Culleredo acaba de concluír as obras de mellora de firme na parroquia de Almeiras. En concreto, os traballos de pavimentación desenvolvéronse na rúa Laberinto e a súa contorna, en Vigovidín. Ademais, iniciáronse os traballos de construción de rede de recollida de pluviais na rúa Choeira, co obxecto de evitar sobrecargar na rede de saneamento.
O Concello de Culleredo ultima as obras de urbanización e acondicionamento na rúa Mosteiro de Sobrado, situada no centro de Acea de Ama. A vía presentaba un estado deteriorado, agravado pola caída dun murete, polo que o Concello procedeu ao asfaltado da calzada e o arranxo dos diferentes danos que presentaban as beirarrúas.
O Concello de Culleredo estrea aplicación municipal para móbiles. Trátase do primeiro Concello galego en apostar por o desenvolvemento desta iniciativa, que permitirá ao cidadán un acceso inmediato á información municipal, así como interactuar co goberno local. O alcalde, Julio Sacristán, presentou a aplicación xa dispoñible para Apple, e en desenvolvemento para Android.
O Concello de Culleredo executa obras de mellora no sistema de tratamento das augas residuais do municipio para continuar co seu traballo de caraao saneamento integral do municipio. Son actuacións emprendidas pola empresa adxudicataria do servizo municipal de saneamento, concesionado o ano pasado, cun orzamento que rolda os 360.000 euros, todo achegado pola propia empresa concesionaria.
O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, recibiu ao presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, para asinar o convenio entre as dúas institucións para o financiamento da vivenda tutelada de Culleredo. No acto, os dous mandatarios repasaron os diferentes ámbitos de colaboración que manteñen as dúas entidades e o alcalde avanzou o interese do Concello en acordar unha permuta de estradas antes da aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal, actualmente en fase de exposición ao público.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER