A Unidade Móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará situada o vindeiro mércores 16 de maio, en horario de 16.00 a 21.00 horas, en Tarrío, fronte á Casa do Concello.
A acción que realizan as dúas entidades quere achegar o coñecemento da enfermidade de Parkinson á poboación, ademais de dar a coñecer os servizos de atención que acolle Culleredo. A campaña iníciase coa instalación dunha mesa informativa no centro comercial Gadis Hiper de O Burgo.
A xornada: “Dereitos do consumidor. Tramitación de queixas e reclamacións” desenvolverase o 21 de marzo no Edificio Municipal de Servizos Múltiples de Burgo. É a primeira dun ciclo de charlas que se levarán a cabo para dar a coñecer á cidadanía aspectos básicos en materia de consumo.
O Concello de Culleredo desenvolverá, durante o mes de marzo, obradoiros de promoción da alimentación saudable dirixidos ao alumnado de 1º e 2º de ESO do IES Blanco Amor. Enmárcase no Plan de prevención de trastornos adictivos que o Concello está a impulsar.
O Concello de Culleredo organiza unha conferencia que amosará os beneficios da musicoterapia na saúde. Será impartida por unha experta e terá lugar no pazo de Villa Melania o mércores 29 ás 19.00 horas.