Sanidade

O Concello inicia un servizo de apoio ás persoas con depresión

A Concellaría de Sanidade  inicia o 14 de xaneiro un grupo de apoio dirixido a persoas con depresión. Esta iniciativa ten como finalidade a mellora da súa calidade de vida. A actividade terá lugar os segundos e cuartos luns de mes, en horario de 17:30 a 19:00 horas, e desenvolverase no Centro Municipal de Servizos Sociais do Burgo. As persoas interesadas poden chamar ao teléfono 981.654570.

ANHIDACORUÑA celebra en Culleredo o seu I Festival de Nadal cun tinte solidario

A Asociación ANHIDACORUÑA de persoas con TDAH, en colaboración coa Concellaría de Sanidade do Concello de Culleredo, celebrará o vindeiro día 15 de decembro, ás 12.00 horas, e no Conservatorio profesional de música de Culleredo, o seu I Festival de Nadal. A actividade, un festival de variedades, será  desenvolvida polos propios alumnos e alumnas e pais e nais da asociación. Eles serán os artistas con panxoliñas, bailes e actuacións de humor. Contarase tamén coa colaboración de profesorado e alumnado do propio Conservatorio.

Presentación do documental "Mis ahorros, su botín" en O Burgo

O punto municipal de información ao consumidor de Culleredo colaborará  coa Asociación de usuarios de bancos, caixas e seguros (Adicae), na presentación do seu documental “Mis ahorros, su botín”. A presentación da cinta terá lugar na Sala de audiovisuais do Edificio de Servizos Múltiples do Burgo, o día 29 de novembro, ás 19:30 horas. A entrada é gratuíta.

Vilaboa acollerá un obradoiro de técnicas para persoas dependentes

O Concello de Culleredo organiza un obradoiro de técnicas para persoas dependentes e para os seus familiares. Terá lugar o 30 de novembro no Pazo de Vila Melania en horario de 9:30 a 13:30 horas. Para participar é necesaria a inscrición previa no departamento municipal de Sanidade, no teléfono 981.654570.

Culleredo acolle unha xornada sobre a síndrome X Fráxil

O día 24 de novembro, en horario de 17:00 a 20:00 horas, no salón de actos do Conservatorio, desenvolverase a xornada formativa: “A integración sensorial no Síndrome X-Fráxil”.  A xornada está organizada pola Asociación galega da síndrome X-fráxil (Agaxfra), asociación que naceu no Concello de Culleredo, e contará coa colaboración do departamento municipal de Sanidade.

Culleredo emprende un plan conxunto con Adafad para previr as adiccións en adolescentes

O Concello de Culleredo inicia un programa conxunto coa  “Asociación de ayuda a familias de drogodependientes” (Adafad) para loitar contra as adiccións nos menores e adolescentes da casa. Un ciclo de charlas servirá para a prevención destas condutas nos diferentes ámbitos de actuación. Estas charlas terán carácter aberto e gratuíto.

Culleredo e asociación Alma desenvolven grupos de apoio á lactancia e crianza

O Concello de Culleredo informa de que a asociación cullerdense Alma, coa que colabora en materia de sanidade, cambia a ubicación dos servizos ao novo Centro social de Fonteculler, situado na praza de Castelao. Alma ofrecerá alí grupos de apoio de lactancia e grupos de apoio á crianza, que constitúen un novo espazo de encontro das familias no que poder compartir dúbidas, experiencias e inquietudes.

O Concello e a AECC informan en Villa Melania das alternativas para deixar de fumar

Baixo o título: “Estouno deixando”, o Concello de Culleredo, en colaboración coa xunta local da Asociación Española Contra o Cancro de Culleredo, desenvolverán unha xornada de sensibilización sobre o tabaquismo. Terá lugar en Villa Melania, o venres 26 de outubro, ás 19:00 horas.

Día Mundial da Saúde Mental

Fecha : 
10/10/2012 - 19:00 - 21:00

Culleredo e a Asociación Bipolar de Galicia informarán no paseo marítimo sobre o trastorno bipolar

O mércores, 10 de outubro, no Paseo Marítimo do Burgo, en horario de 17.00 a 19.00 horas, o Concello de Culleredo e a Asociación Bipolar de Galicia (ASBIGA), levaran a cabo unha xornada informativa sobre o trastorno bipolar, unha enfermidade pouco coñecida pola poboación, que está salpicada de falsos mitos, como ocorre na meirande parte de enfermidades psíquicas.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina