O Club Natación Culleredo quedou terceiro na clasificación xeral do XV Encontro Concello de Arteixo, con 16 medallas. O concelleiro de Deportes, Miguel Suárez, quere felicitar en nome do Concello de Culleredo ao Club polos excelentes resultados e sobre todo o enorme traballo e esforzo que están a realizar.
Os montes de Culleredo acollerán o domingo a VII Pedalada Ártabra coa participación de case 500 persoas. Cada un dos deportistas achegará un litro de leite ao Fondo Municipal de Alimentos, que despois serán distribuídos entre os cidadáns con necesidade.
Culleredo acolleu o domingo o primeiro Rally de Coches Clásicos, organizado pola Escuadra Centollo e o Concello de Culleredo. O evento xuntou a uns 40 modelos de coches, que datan desde 1966 a 1985. Puidéronse ver marcas como Porsche, Mini, Lancia, MG, Opel ou Fiat.
Culleredo converterase o vindeiro domingo, 16 de febreiro, nun percorrido á historia do automobilismo. O municipio acollerá o primeiro Rally de Coches Clásicos, organizado pola Escuadra Centollo e o Concello de Culleredo.
Ante o temporal que se prevé para mañá, martes 4 de febreiro, o Concello de Culleredo, anuncia a suspensión das actividades ao aire libre nos campos de fútbol do municipio. Ademais non se poderán realizar actividades nas polideportivas descubertas do municipio.
O Concello de Culleredo informa da oferta de prazas vacantes para as escolas de natación, organizadas a través do Club Natación Culleredo, de cara a este inicio de ano 2014.
O Nadal en Culleredo tamén ofrece espazos reservados para o deporte. Os distintos eventos deportivos que se celebrarán entre os vindeiros sábado e domingo no municipio, organizados por distintos clubs apoiados polo Concello, reunirán a máis de medio milleiro de participantes de todas as idades.
O Nadal de Culleredo tamén practicará deporte. O Concello colabora con tres clubs do municipio para lanzar tres campamentos deportivos de balonmán, fútbol e patinaxe artística que se desenvolverán nas vacacións escolares.
Con só 12 anos de idade, a pequena Noelia Bacariza xa conta no seu haber con 6 campionatos galegos en ximnasia artística. Con motivo da súa recente vitoria, a deportista foi recibida polo alcalde, Julio Sacristán, nun acto celebrado para recoñecer os seus meritorios resultados.
O Centro Cultural de Almeiras, a través do Club de Dardos, organiza este sábado 28 un evento moi especial, con carácter solidario. Trátase do I Torneo de Dardos Punta de Acero, en favor da Asociación Coruñesa de Promoción do Xordo.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER