Deportes

Campus de verán Sporting Burgo

Información sobre o VI Campus de Verán e I Campus Feminino do Sporting Burgo. Coa colaboración do Concello de Culleredo.

Convocatoria de cursos intensivos de natación para o mes de xullo

O Club de Natación As Mariñas, coa colaboración do Concello de Culleredo, lanza a campaña de cursos intensivos de natación para o mes de xullo. Serán no parque acuático de Acea de Ama en dúas quendas: do 1 ao 15 e do 18 ao 29.

O club O Xismo gaña o XXXV Torneo de Chave

O veterano Torneo de Chave do Concello de Culleredo celebrouse este fin de semana, alcanzando a súa XXXV edición. O club O Xismo, de Celas, resultou o vencedor da competición na que participaron oito agrupacións.

Convocatoria de uso das instalacións deportivas municipais

O Concello de Culleredo lanza a convocatoria para o uso de instalacións deportivas municipais para a tempada 2016 - 2017. O prazo de solicitude está aberto ata o 25 de xuño nos rexistros do Concello.

V Carreira pola Ría do Burgo

O Concello de Culleredo organiza o vindeiro domingo, 5 de xuño, a V Carreira pola Ría do Burgo. A inscrición está aberta ata o mércores 1 de xuño, en categorías desde os máis pequenos aos veteranos.

XVIII Campeonato de Tute Concello de Culleredo

O Concello publica os resultados da xornada primeira e o calendario da segunda, que terá lugar o venres 6 de maio.

Tarrío conmemora o IV centenario da morte de Cervantes cun encontro de xadrez

A asociación de nais e pais do CEIP de Tarrío propúxose difundir entre os alumnos a figura de Miguel de Cervantes e promocionar a lectura do Quixote. E para iso buscou o vínculo co xogo que se atopa nos capítulos 11 e 12: o xadrez.

Os Xogos da Amizade xuntarán a 500 judokas en Culleredo

Os XXIV Xogos da Amizade de Judo reunirán este sábado, 2 de abril, a máis de 500 nenos en Culleredo. A cita vai realizarse no polideportivo do Colexio Rías Altas, a partir das 11:00, coa colaboración do Concello de Culleredo.

Culleredo acolle o sábado 19 o All Star Galicia no polideportivo do Burgo

O Concello de Culleredo será sede este sábado, 19 de marzo, do particular All Star do infantil galego. Unha selección de xogadores de baloncesto do norte enfrontarase, de forma amigable, a unha selección do sur de Galicia, de forma similar ao que ocorre na NBA.

Os coches históricos tomarán o domingo Culleredo

A clase e o porte dos coches clásicos sairán a pasear o domingo, 13 de marzo, polas estradas de Culleredo. O municipio acolle a terceira edición do rally de regularidade de vehículos históricos, organizado pola Escuadra Centola coa colaboración do Concello de Culleredo e da Deputación da Coruña.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina