O Concello de Culleredo acolle o martes 4 de abril ás 19.00 horas no salón de plenos unha xornada informativa sobre as axudas a emprendedores que os veciños poden obter por un lado do Programa Leader 2014 - 2020 que xestiona o Grupo de Desenvolvemento Rural Mariñas - Betanzos, e por otro lado do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro.
O Concello informa de que o sorteo para adxudicación de prazas nos cursos de competencias clave será o martes 4 de abril ás 10.00 horas e o sorteo para a adxudicación de prazas para as accións do Plan de Formación será o xoves 6 de abril ás 10.00 horas. En ambos os dous casos será no centro municipal Pablo Picasso.
O Concello de Culleredo abre entre o luns 27 de marzo e o venres 7 de abril o prazo de solicitude de praza para os seus campamentos de verán. Desenvolveranse nos colexios durante o verán en horario de mañá, co obxecto de favorecer a conciliación.
O Concello de Culleredo convoca accións de formación co obxecto de servir de apoio na preparación das competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 de cualificación profesional para o emprego.
Os mozos de Culleredo vivirán este mércores, 22 de marzo, a súa segunda aprendizaxe de "superviviencia doméstica". Tras probar a gastronomía, chega nesta ocasión a quenda para os labores do fogar. Os participantes aprenderán a poñer unha lavadora, pasar o ferro, coser un botón ou a montar o seu botiquín de primeiros auxilios
O Concello de Culleredo organiza en marzo dúas novas viaxes dentro do programa específico de maiores. O 19 de marzo realizarán unha excursión ao castelo de Pambre e ao Museo da Terra de Melide. O 22 e 23 terá lugar unha viaxe ao balneario de Augas Santas, na Ribeira Sacra.
O Campionato Galego de Descenso chegará o 4 e 5 de marzo a Culleredo, coa celebración do VI Descenso do Xalo, unha das probas estrela da tempada e que nos últimos anos reuniu a uns 150 deportistas.
O Concello de Culleredo celebrá o Entroido 2017 por todo o alto, con opcións para os veciños de todas as idades.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER