O Concello de Culleredo celebrou o pasado sábado 20 de outubro a segunda edición do Memorial Tino Poza, en recordo do ex concelleiro, no xardín botánico do Burgo. Este segundo ano ten como tema o patrimonio natural e monumental do municipio, que os 37 participantes plasmaron nas súas pinturas.
O servizo de abastecemento de auga está a recuperar paulatinamente a normalidade tras a rotura na tarde de onte da condución xeral de Emalcsa que abastece á área metropolitana e á cidade. Tivo lugar na avenida de Rutis, na confluencia coa avenida de Ribados.
O Concello de Culleredo organiza o curso "Poda e Enxertos" que se desenvolverá os sábados desde o 10 de novembro ata o 1 de decembro , en horario de 10:00 a 14:00 horas, na Aula de Natureza Juan Lembeye do Xardín botánico do Burgo.
Xa están publicadas as listaxes para a realización da matrícula nos espazos de Aulas de Benestar do Concello de Culleredo para o curso 2018-2019. Toda a información no arquivo adxunto a esta nova.
Xa están publicadas as listaxes provisionais dos espazos das Aulas de Benestar do Concello de Culleredo para o curso 2018-2019.
O Concello de Culleredo informa de que as escolas municipais de Cultura e Deportes darán comezo o vindeiro 5 de novembro. Os servizos técnicos municipais están a ultimar os trámites administrativos de contratación, imprescindible para comezar as actividades, non sendo por iso posible inicialas este luns 15 de outubro.
Desculpen as molestias.
O sábado 20 de outubro terá lugar, no Xardín Botánico do Paseo Marítimo da ría do Burgo, o II Memorial "Tino Poza" de artes plásticas.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER