O venres 28 de decembro, ás 19:30 horas, terá lugar no auditorio de Servizos Múltiples a representación da obra de teatro "Mar Adiante".
O día 25 de xaneiro, a Dragona Ramona estará en Vilaboa para contar o conto "Os Tres Bandidos". Entrada libre. Actividade pensada para nenos a partir de 3 anos.
O día 23 de xaneiro, ás 17:00 horas, terá lugar o contacontos de bebés. A recollida de invitacións poderase realizar o mesmo día na biblioteca. Pensada para nenos e nenas de 0 a 3 anos.
O 18 no Burgo terá lugar o obradoiro de customización de prendas. A inscrición poderase realizar esa mesma semana na biblioteca. Destinado a nenos entre 7 e 12 anos.
O día 11 de xaneiro, no Burgo, terá lugar o Contacontoscoa Dragona Ramona "Os tres bandidos". Entrada libre para todos os públicos a partir de 3 anos.
O Concello de Culleredo, a través da Concellaría de Cultura e do Servizo de Normalización Lingüística, e coa colaboración da Deputación da Coruña, vén de publicar un despregable cheo de xogos e cómics baixo o nome 'O teu Nadal en Culleredo' dirixido aos máis pequechos da casa.
Os días 26, 27 e 28 de decembro terán lugar en Culleredo diversos obradoiros para os nenos e nenas de Culleredo, así como para a mocidade.
O sábado 22 de decembro, ás 18:00 horas da tarde, terá lugar no Conservatorio de Música de Culleredo a Gala de Nadal a favor de Anhida Coruña. As entradas están dispoñibles no `Bar Manolo´ de Acea de Ama, que está pechado de 16:00 a 18:00 horas polas tardes.
O xoves 20 de decembro terá lugar o II Certame de Panxoliñas APEM, ás 18:00 horas no edificio de Servizos Sociais.
O sorteo de figurantes para a cabalgata 2019 do Concello de Culleredo celebrarase mañá, mércores 19 de decembro.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER