O vindeiro 17 de maio, día das Letras Galegas, terá lugar a Feira de Artesanía no Concello de Culleredo, na praza do Burgo.
O Concello de Culleredo programa diversas actividades culturais para o mes de maio entre os máis pequenos.
O 3 de maio, o Contacontos de Dragona Ramona "Pete o gato", entrada libre a partir de 3 anos. Será no edificio de Servizos Múltiples, no Burgo.
O 8 de maio, o cancioneiro multicultural, para nenos de todas as idades. Será en Voña ,eñamoa. em Voñabpa-
O 10 de maio, o obradoiro "Postais primaverais". Para inscribirse, na mesma semana na biblioteca, para nenas e nenos de 7 a 12 anos. Ofrecerase no edificio de Servizos Múltiples do Burgo.
O 15 de maio, o Edificio de Servizos Múltiples do Burgo acollerá os "Contos para bebés". Hai que recoller invitación a partir das 16:30 horas na biblioteca. De 0 a 3 anos ás 17:00 horas.
O 24 de maio, en Vila Melania, terá lugar o contacontos coa Dragona Ramona "Pete o gato", entrada libre a partir de 3 anos.
O xoves 2 de maio celebrarase no edificio de Servizos Múltiples, ás 17:30 horas, o II Certame de Teatro Inclusivo APEM - Asociación Pro Enfermos Mentales.
Contaremos coas actuacións de:
- Os vellucos de Cosme.
- APEM Culleredo.
- APEM Carballo, presentando "Cambiouche ben o conto".
O Concello de Culleredo convoca unha nova edición do seu programa Cullerchef, de cociña saudable, para o segundo trimestre deste ano 2019. A inscrición pode efectuarse desde hoxe 22 de abril ata cubrir prazas.
Presentamos as 'Mañás de campamento' do Concello de Culleredo. As familias interesadas poden imprimir a ficha para entregar do día 22 de abril e ata o 3 de maio, ambos os dous incluídos, ao Servizo Municipal de Educación no Edificio de Servizos Múltiples.
O venres 12 de abril, terá lugar na praza de Galicia a ofrenda floral no monumento ao Gernika, con motivo do 88º aniversario da II República. Será ás 13:00 horas.
O venres 12 de abril, ás 20:00 horas, a Sala de Vídeo do edificio de Servizos Múltiples do Burgo acollerá a presentación do libro "Haikiños. De luces e sombras", de María Míguez.
Intervirán Carmen Varela, concelleira de Educación e Cultura, Carlos Pereira, Historiador, Puri Sánchez Piqueras, editora da publicación e María Míguez, a autora.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER