O núcleo de Peiro dispón dun novo parque, dotado de zonas verdes e mobiliario urbano, acometido polas 33 persoas desempregadas que forman parte do obradoiro de emprego. Agora, o centro de Peiro conta con pista deportiva, parque infantil e o novo parque, posibilitando o encontro e o asueto dos veciños de todas as idades.
O autobús do Centro de Transfusións de Galiza estará o mércores 2 de novembro no Burgo, na Praza Europa, de 10:00 horas ás 14:00 horas e de 16:00 horas ás 21:00 horas.
Desde o Concello de Culleredo lémbrase a necesidade de doar e que en termos xerais poden doar sangue as persoas:
O Concello de Culleredo celebrará o sábado 29 de outubro a tradicional festa do Magosto Municipal. Terá lugar no parque recreativo de Celas, a partires das 6 da tarde.
O Concello de Culleredo organiza un curso de técnica de cómic destinado a pequenos de entre 10 e 13 anos de idade. Terá lugar no Pazo de Villa Melania (Vilaboa) a partires do vindeiro 3 de novembro.
A biblioteca Miguel González Garcés do Burgo ofrece unha programación infantil en novembro que inclúe actividades coma contacontos, contos en inglés, ou concertos didácticos.
As actividades literarias para adultos empezarán a semana do 7 de novembro na biblioteca de Vilaboa.
A primeira tenente de alcalde, Raquel Jabares, denuncia que tras levar desde 1993 recibindo o Concello unha subvención por parte da Xunta de Galicia que apoie á execución do Plan de Desenvolvemento Xitano, o goberno local acaba de atoparse a “desagradable sorpresa” de que o actual executivo autonómico decidiu eliminar esta axuda, o que fai perigar a súa execución.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER