Culleredo denuncia a supresión de axudas da Xunta para o Plan de Desenvolvemento Xitano

A primeira tenente de alcalde de Culleredo, a nacionalista Raquel Jabares, compareceu ante os medios de comunicación para denunciar a situación que vive o Concello en relación a aplicación do Plan de Desenvolvemento Xitano. Tras levar desde 1993 recibindo unha subvención por parte da Xunta de Galicia que apoie á execución deste programa de inclusión social, o goberno local acaba de atoparse a “desagradable sorpresa” de que o actual executivo autonómico decidiu eliminar esta axuda, o que fai perigar o desenvolvemento de plan.

No mencionado 1993, a axuda da Xunta alcanzaba os 10.263,29 euros, para ir crecendo gradualmente até chegar aos 22.000,51 euros de 2008, aos 31.563,64 euros de 2009, ou aos 30.776,83 euros de 2010, sendo a cantidade outorgada para 2011 de 0 euros.

Jabares fixo pública a indignación que sinte o Concello de Culleredo polo trato recibido pola Xunta nun asunto que require a “maior das responsabilidades”. Con estes cartos, explicou a nacionalista, o Concello impulsaba as diferentes atencións a este colectivos, cun traballador contratado a media xornada especificamente, establecíanse contacto con asociacións e entidades, pagábase o alugueiro de vivendas, facíase o seguimento do banco de alimentos de Cruz Vermella e unha morea de xestións que forman parte do proceso de atención impulsado polo goberno local.

O principal motivo do enfado do equipo de goberno cullerdense reside en que mentres que a Xunta penaliza desta forma a un Concello que emprende un excelente plan de erradicación do chabolismo, premia a outros, coma o da Coruña, que se limitan a “deportar” a familias xitanas a municipios dos arredores, sen acometer ningún tipo de intervención que a de proporcionarlles cartos de forma directa. “ A Coruña mándaos fora e somos os outros concellos como Culleredo os que temos que gastar dos nosos recursos para solventar a situación, e aínda así nos retiran a subvención”, lamenta Jabares.

A primeira tenente de alcalde desvela que en Culleredo “temos casos de familias xitanas que aparecen sen nen sequera ter unha Risga tramitada nin un plan de inclusión”. Jabares recoñece que o Concello descoñece o número de familias “deportadas” porque A Coruña non lle comunica nada, o que dificulta ademais as labores de seguimento e apoio de Servizos Sociais.

O Concello, a pesares desta traba, calcula que no municipio existen unhas 30 familias que requiren desta atención que a Xunta quere cercenar. “Cando teñamos a resolución do Plan Concertado veremos que medidas tomamos”, anunciou.

Jabares ten claro que a motivación da supresión desta subvención é unicamente “partidista” e “arbitraria” a favor dos Concellos que goberna o Partido Popular. Mentres, explica, o Concello segue apostando polo gasto social e incrementará en 25.000 euros a partida de axudas a emerxencias sociais. “Nós fomos quen de rascar doutras partidas por axudar a veciños que o necesitan,  pero se ve que a conselleira Beatriz Mato ten outras prioridades”, razoou.
 
Raquel Jabares

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina