O Concello de Culleredo, no marco de creación, renovación e mellora das infraestruturas municipais, adxudicou os traballos de renovación das vías Visitación de la Encina, Poeta Luz Pozo, Avenida de Ribados e Gumersindo Pereira Nouche por un importe de 231.128, 32 euros.
O Concello de Culleredo finalizou un ano máis a súa campaña de dinamización e fomento das compras do Nadal no comercio local ‘Rasca e Gaña’, na que se repartiron máis de 100.000 papeletas que daban acceso a máis de 3.000 premios directos.
Ledoño e a contorna do Val de Veiga terán un gran espazo cuberto para propiciar o desenvolvemento das actividades veciñais con independencia das condicións meteorolóxicas.
O Concello de Culleredo adxudicou a obra para cubrir a pista deportiva situada en Ledoño, no complexo formado polo parque infantil, a escola unitaria e a área recreativa, que contará cun orzamento basee de 412.118,57 euros.
O Salón de Plenos do Concello de Culleredo albergou esta mañá a presentación de Copa Galicia de Ciclocrós, que se celebrará o último día do ano, o sábado 31 de decembro, no recinto de Acea de Ama.
Este ano contaremos con todo tipo de actividades destinadas aos maiores e á rapazada. Haberá dende actividades culturais ata deportivas.
O Concello de Culleredo anima a realizar as compras do Nadal no comercio local cunha nova campaña. Nesta edición seguirá o tradicional sistema do rasca e gaña, con premios instantáneos.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER