O goberno local proporá no pleno unha alegación ao trazado do Camiño Inglés da Xunta de Galicia. O Concello aposta por evitar infraestruturas moi transitadas coma a avenida Electo Carballo e levar o Camiño por rúas de menor intensidade para así protexer ao peregrino. A meirande parte do trazado discorrería polo paseo marítimo.
O punto municipal de información ao consumidor de Culleredo colaborará coa Asociación de usuarios de bancos, caixas e seguros (Adicae), na presentación do seu documental “Mis ahorros, su botín”. A presentación da cinta terá lugar na Sala de audiovisuais do Edificio de Servizos Múltiples do Burgo, o día 29 de novembro, ás 19:30 horas. A entrada é gratuíta.
O deporte culelrdense uniuse aos actos conmemorativos do 25 de novembro, Día contra a Violencia de Xénero, promovidos desde o Concello. Os equipos de futbol cullerdenses Sofía Casanova e A Ponte Pasaxe colaboraron reivindicando un "Culleredo sen vitimas de violencia de xénero" nunha pancarta antes do comezo das competicións.
O Concello de Culleredo colaborou na organización da I Copa Ibérica de kayaksurf que se desenvolveu esta fin de semana na comarca. Tratouse da carta e última proba da Copa, e que polo tanto resolveu as clasificacións nas distintas categorías. Nela participou o cullerdense Javier Díaz. De especial relevancia foi a asistencia do campión mundial, Edu Etxeverría.
Tras a primeira acción de limpeza voluntaria que tivo lugar o pasado outubro, o Concello e a asociación de veciños Río Trabe volven a unir forzas para avanzar na posta en valor do paseo do río Trabe. Será mañá sábado 24 de 10.00 a 13.00 horas. Contarase co apoio de Protección Civil para a retirada do lixo e maleza do leito do río.
A compañía de teatro El Ruiseñor de Culleredo ofrecerá o sábado 24 de novembro a representación da obra "Cadenas", co gallo da celebración do Día contra a Violencia de Xénero. O acto será ás 20.00 horas no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo. Entrada libre ata completar o aforo do auditorio do Concello de Culleredo.
O Concello de Culleredo abre o prazo de preinscrición para os campamentos de Nadal 2012 que organiza. Baixo o lema de "Un Nadal divertido na casa da Dragona Ramona", os pequenos de 3 a 12 anos de idade poderán desfrutar de distintas actividades no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo do 26 ao 7 de xaneiro.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER