O Campionato Galego de Descenso chega esta fin de semana, do 4 e 5 de marzo, a Culleredo, coa celebración do VI Descenso do Xalo, unha das probas estrela da tempada que reunirá a ducias de deportistas.
O Concello de Culleredo ampliará a rede de saneamento na parroquia de Orro, dando así resposta a unha das necesidades trasladadas polos veciños da zona. En concreto, o novo proxecto encargado polo goberno local dotará do servizo aos núcleos de Orro Novo e As Caíñas, na contorna dos quilómetros 1,080 a 2,935 da estrada principal, a DP-0510.
A Policía Xudicial requiriu hoxe un total de 22 expedientes do Concello de Culleredo. Debeuse ao oficio emitido polo Xulgado a raíz dunha denuncia con claros indicios de ter motivación política.
O Concello de Culleredo, como compoñente do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro "Golfo Ártabro Sur", convoca a empresas e entidades interesadas en optar a estas axudas a unha reunión que terá lugar o martes 21 de febreiro ás 18.00 horas no Edificio de Servizos Múltiples.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER