O Concello de Culleredo pon á disposición dos seus veciños a posibilidade de aprender a facer plantas de formas creativas e sorprendentes a través dos obradoiros de kokedamas, que se realizarán durante a mañá do próximo mércores 12 de xullo no Centro Cívico de Fonteculler, entre as 10.30 e as 13.30 horas.
O auditorio do Edificio de Servizos Múltiples do Burgo abre as súas portas á música este venres, 16 de xuño. O cantautor, con toques de rock ou folk, entre outros xéneros, Néstor Pardo, ofrecerá un concerto organizado polo Concello de Culleredo.
Un cento de veciños maiores, das distintas parroquias de Culleredo, participaron o pasado sábado 10 nunha viaxe polo castelo de Vilasobroso, en Mondariz, e a vila de Ponteareas. Estas actividades, decididas polos propios maiores, son das que lles suscitan maior interese e serven como punto de encontro.
O Concello de Culleredo organiza campamentos en veran especificos para a mocidade. Os de 14 a 17 poderán participar nun campamento náutico, con actividades como surf, travesías en canoa, ou padel surf; e os de 12 e 13, nun campamento urbano de deportes alternativos.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER