O Concello de Culleredo ten delegada a xestión do imposto de circulación na Deputación da Coruña. Segundo nos teñen avisado varios veciños, se está a retrasar a chegada dos recibos ás vivendas para poder facer fronte ao seu pago, cando a data límite está cercana.
Hai moitas carreiras e andainas en España, pero ningunha como esta. A IX Travesía do Xalo terá lugar este domingo, 29 de abril, cunha participación prevista dun milleiro de persoas e coa combinación entre deporte e festa que promove a organización.
Os paseantes que utilizan o río Trabe atópanse cunha nova imaxe para a zona xunto ao campo de fútbol do Burgo. Verde para peóns e vermello para bicicletas son as cores que loce este tramo do paseo restituído polo Concello de Culleredo.