O fútbol toma o verán de Culleredo cunha nova edición dos torneos municipais

Culleredo encara un verán de fútbol co regreso dos seus tradicionais torneos municipais. As competicións arrincan este domingo 9 de agosto e prolongaranse ata o mércores 2 de setembro, repartidas en catro categorías que dan cabida a todos os públicos: afeccionados, veteranos, fútbol base e fútbol feminino.
 
O primeiro en facer rodar o balón será o XLVII Trofeo de Fútbol Afeccionado, que reunirá a sete equipos divididos en dous grupos. A fase regular disputarase entre o 9 e o 29 de agosto, con encontros repartidos por varios campos do municipio. A final xogarase o sábado 29 de agosto no Municipal de Rutis.
 
En paralelo desenvolverase o XXVII Trofeo de Fútbol Veterano, con oito conxuntos. Os seus partidos estenderanse ata o mércores 2 de setembro, xornada na que a gran final porá o broche a estas semanas de competición.
 
O XII Trofeo de Fútbol Base celebrará a súa fase de grupos o sábado 22 de agosto e as súas finais o día 29, con sete equipos medíndose no Municipal de Rutis. Finalmente, o VIII Trofeo de Fútbol Feminino está previsto para o domingo 30 de agosto. O Sporting Burgo, o Club Femenino Celas e a AD Culleredo enfrontaranse nun formato triangular.
 
Nas distintas categorías tamén participarán clubs como a UDJ Almeiras, o Olímpico de Rutis, o Portazgo SD, o Fontemaior ou o SPM Veteranos.
 
ACHÉGANSE OS HORARIOS EN PDF
Vista previaAdjuntoTamaño
HORARIOS COMPLETOS DO TORNEO MUNICIPAL DE FÚTBOL DE CULLEREDO 2026219.9 KB

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina