Un amplo dispositivo de seguridade actuou no mediodía de hoxe, xoves 17 de xullo, na contorna do campo da festa do Burgo por motivo dun altercado entre dúas familias de feirantes, que están realizando a montaxe de cara ás festas patronais que comezan o día 23. En principio, o altercado procede dunha discrepancia pola ocupación do espazo para a festa.
Froito do incidente rexistrouse unha persona ferida, por arma blanca, que foi trasladada polo 061 ao CHUAC. Os axentes detiveron a un varón de 26 anos como presunto autor do delito de lesións graves. Tamén foron detidas unha muller de 52 anos e un home de 20 por tenza ilícita de armas de fogo. Foron postas a disposición do Xulgado de Garda.
O alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, xunto co concelleiro de Desenvolvemento Social, Juan Carlos Lovelle, desprazouse ata o lugar de inmediato para recibir toda a información do operativo. Alí mediaron coas familias implicadas para lograr un clima de calma.
Rioboo fixo un chamamento á tranquilidade da veciñanza dado que se tratou dun conflicto entre os mozos das familias que agarda que se quede en algo puntual e as festas se leven a cabo con normalidade
O primeiro edil avanzou que se reorganizarán os espazos das atraccións para evitar este tipo de problemas e se creará un perímetro de seguridade para garantizar a cordialidade
Iso si, o alcalde deixou claro que se este tipo de sucesos se repiten de acordo coas forzas de seguridade, non terá máis remedio que cancelar as festas do Burgo
O dispositivo estivo conformado pola Policía Local de Culleredo, a Garda Civil e co reforzo da Policía Local de Cambre. O alcalde agradeceulles a todos os efectivos o seu traballo.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER