O Concello estrea as curtas elaboradas por 50 alumnos do Blanco Amor na terceira edición do "Culleredo, de cine"

O Concello de Culleredo conclúe a terceira edición do seu programa “Culleredo, de cine” coa estrea das tres curtametraxes elaboradas polos máis de 50 mozos participantes. O IES Blanco Amor foi escenario o venres, 20 de xuño, da proxección da obra dos seus alumnos de 4º de ESO, no marco da gradación que celebraron no centro.
 
A curta, titulada “Dulce regreso”, suscitou unha gran ovación entre as decenas de compañeiros que a presenciaron como espectadores. As outras dúas obras son de 1º de Bacharelato e levan por nome “Encerrador” e “El rastro del retraso”. Todas están dispoñibles na canle de Youtube do Concello de Culleredo.
 
A primeira tenente de alcalde e edil de Xuventude, Cristina Pardo, e a concelleira de Cultura, Penélope López, entregaron no acto os diplomas aos rapaces que participaron no programa. 
 
Ao IES tamén acudiu o director Hugh McGinley, responsable de impartir a formación da iniciativa e de guiar aos mozos para realizar a curta. O director levouse un sonoro aplauso e un recoñecemento por parte da dirección do IES, que lle entregou a medalla do centro pola súa implicación.
 
Mediante un traballo en grupo, os rapaces formáronse e involucráronse en todas as fases da elaboración das pezas audiovisuais. A actividade foi impartida en varias fases, con tutela durante todo o proceso.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina