Xa podes consultar as listas das prazas vacantes para as actividades municipais culturais e deportivas. (Actualizado a 16/12/24).
A matrícula para estas prazas será directa e unicamente de forma presencial, por estrita orde de chegada, a partir do día 17 de decembro e ata o 30 de decembro de 2024, en horario de 09:00h a 14:00h no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo (Culleredo).
Para formalizar a matrícula será necesario entregar a Ficha de matrícula xunto á Orde de domiciliación bancaria (ambos os dous documentos debidamente cubertos e asinados) e, de ser o caso, o documento que xustifique a bonificación á que se teña dereito, no caso de estar empradroados/as no Concello de Culleredo.
Non se recollerán matrículas sen Ficha de matrícula ou sen Orde de domiciliación bancaria nin se aplicará a bonificación ás solicitudes que se entreguen sen a xustificación correspondente.