O Consorcio As Mariñas inicia unha nova campaña de compostaxe doméstica coa distribución de 1.700 composteiros de balde entre a veciñanza dos oito concellos, un deles Culleredo. Esta iniciativa busca fomentar a separación e reciclaxe en orixe de biorresiduos mediante a compostaxe doméstica nos fogares que dispoñan dun pequeno terreo.
Material e inscricións
A campaña inclúe a entrega de composteiro, aireador, peneira e termómetro, que se repartirán tras a asistencia a unha das sesións formativas programadas nos diferentes concellos. A participación é totalmente gratuíta, e as persoas interesadas só teñen que rexistrarse previamente a través da páxina web: https://consorcioam.rsu.gal.
Xornadas formativas
As sesións formativas teñen como obxectivo ensinar á veciñanza o uso correcto do composteiro, así como os beneficios ambientais e económicos desta práctica. Estas son as datas e localizacións dispoñibles:
Centro Cívico Torre de Celas - 5 de decembro ás 16:00h.
Centro Social O Noso Lar - 10 de decembro ás 12:00h.
Centro Cívico de Fonteculler (Portádego) - 13 de decembro ás 16:00h.
Centro Cívico de Sueiro - 19 de decembro ás 16:00h.
Un compromiso coa sostibilidade
Esta campaña é unha mostra do compromiso do Consorcio As Mariñas coa educación ambiental e a promoción de prácticas sostibles. A compostaxe doméstica permite reducir os residuos enviados a vertedoiros, diminuír a pegada de carbono e obter un fertilizante natural de gran calidade.
Trátase de actuacións cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, a través da subvencións covocadas pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia.
Máis información
Para calquera dúbida ou consulta, pode chamar ao 981 784 704, escribir a info@consorcioam.org ou rexistrarse directamente en https://consorcioam.rsu.gal.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER