Cristina Pardo toma posesión como nova concelleira da corporación cullerdense

Cristina Pardo Portos forma parte, desde esta tarde, da corporación do Concello de Culleredo tras tomar posesión no Pleno ordinario celebrado esta mañá, en substitución de Guadalupe Pombo, presente na sesión e quen desexou “toda a sorte do mundo” á recentemente nomeada edila.

Durante o Pleno tratouse a resolución de alegacións e a aprobación do Plan de Movilidad Urbana Sostible, PMUS, que contou cos votos favorables do grupo socialista, contrarios de nacionalistas e abstencións de PP e Alternativa. O documento prevé establecer novas ligazóns con Alfonso Molina. Os entroncamentos coa entrada á cidade contarán con carril bici e senda peonil, e executaranse a través do proxecto Cuco, unha iniciativa dos Concellos da Coruña e Culleredo, para executar proxectos conxuntos con fondos europeos.

Tamén se debateu a aprobación inicial da ordenanza de usos de edificios e instalacións de carácter público do Concello de Culleredo, proposta que contou cos votos favorables do grupo de goberno, e abstencións do resto de grupos políticos que integran a corporación. O obxectivo é crear un marco normativo básico que ofreza seguridade xurídica aos beneficiarios dado que non existe unha regulación pormenorizada da materia nin a nivel estatal nin a nivel autonómico. Tradicionalmente, o Concello estableceu convenios con entidades para o uso de instalacións, como centros sociais. Coa entrada en vigor da Lei 40/2015, limitouse a duración dese tipo de convenios a catros anos polo que a súa vixencia xa terminou e é preciso establecer unha regulación adecuada.

Para as persoas físicas, para a organización de celebracións ou outras actividades, o Concello reserva o galpón do parque da Torre de Celas e a planta baixa de O Noso Lar. Os solicitantes deben ser persoas veciñas de Culleredo e maiores de idade. Os beneficiarios do uso deberán asumir a limpeza do local tras a realización das actividades.

Durante o quinto punto da orde do día, deixouse sobre a mesa o asunto da modificación da Relación de Postos de Traballo, RPT, xa que se teñen que realizar modificacións sobre o documento. Decidiuse por unanimidade.

O Pleno tamén tratou, nun sexto punto, a proposta de aprobación inicial do Regulamento de produtividade do persoal do Concello de Culleredo. Contou con votos en contra de BNG e Alternativa, a abstención do PP e os votos a favor do grupo de goberno.

Nun sétimo punto, tratouse a aprobación inicial da nova ordenanza reguladora de venda ambulante. A actual data de 2005 e sufrira modificacións en 2006 e 2009. Así, preténdese establecer un segundo feirón a celebrar o cuarto xoves de cada mes, preferentemente na chaira multiusos do Burgo.

Esta opción vén motivada polo éxito do actual, con moito público e máis de 200 postos de distintos produtos. Despois da pandemia, cando volveu celebrarse o feirón, debido ás medidas de separación entre postos que se impuxeron para manter as distancias de seguridade, cambiouse a localización do actual temporalmente, funcionando ben pero sendo unha versión máis reducida.

Esta experiencia serviu como proba para estudar a viabilidade de contar cun segundo mercado e ao optarse por un día laborable, decídese unha localización que non afecte o tráfico, ao que ademais tamén poidan acudir veciños de Cambre. A proposta contou cos votos favorables do grupo de goberno, e as abstencións do resto de grupos.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina