Certificados de profesionalidade de Atención Sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais e Operacións básicas de restaurante e bar

O 17 de outubro notificouse resolución pola cal se aproban os cursos de formación para o emprego dirixidos ás persoas traballadoras desempregadas que se impartirán no Centro Municipal de Formación e Emprego “Pablo Picasso” do Concello de Culleredo.

Tense previsto que nos próximos meses den comenzo os cursos de formación para as persoas traballadoras desempregadas que se impartirán no Centro Municipal de Formación e Emprego “Pablo Picasso” do Concello de Culleredo. Os certificados de profesionalidade que se van a impartir corresponden ás seguintes especialidades: 

-Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (478 horas)- NIVEL 2
- Operacións básicas de restaurante e bar (318 horas)- NIVEL 1

 
Para poder participar nos cursos é necesario estar inscrito/a como demandante de emprego no servizo público de emprego de Galicia e, no caso da especialidade de Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, cumprir cos requisitos académicos correspondentes aos certificados de profesionalidade de nivel 2 (Posuir a ESO ou titulacións equivalentes, ou competencias clave de nivel 2).

As persoas interesadas en realizar algún destes cursos poden enviar os seus datos aso seguinte correo: laboral@culleredo.es indicando no asunto do correo:


-CANDIDATO/A AO CURSO DE ATENCION SOCIOSANITARIA.

- CANDIDATO/A AO CURSO DE RESTAURANTE-BAR.


Máis información: Centro Municipal de Formación e Emprego “Pablo Picasso” do Concello de Culleredo sito na rúa Antonio Machado- O Burgo, tel. 981 66 42 04.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

Envíanos tus dudas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina