Rubén Fernández pecha a serie de confirmacións para un Burgojazz 2022 que recupera o seu formato tradicional

O Concello de Culleredo pecha coa confirmación de Rubén Fernández o cartel para o Burgojazz 2022, que se celebrará do 1 ao 4 de xullo e que recupera o seu formato tradicional. Sumarase ás actuacións de Alejandro Vargas Trío, Volando Libre, Zumaque Trío, Zafra, Pablo Sanmamed e Non Reply.

Será o venres, 1 de xullo. Rubén Fernández é un músico de Vigo. Os seus inicios foron de formación autodidacta, desde os 10 anos sempre en relación con outros músicos cos que compartía proxectos de diversos estilos musicais. O seu primeiro achegamento a un instrumento vén da man da guitarra, e máis tarde da voz e da batería. Nestes primeiros impases xa mostra unha certa predilección polas sesións de xogo musical ou improvisación.

Aos 18 anos decide afrontar a música desde un lado máis académico e entra na escola municipal da súa cidade para estudar trompeta. Neste período mostra un crecente interese polo jazz, o que lle leva a exporse o ingreso nunha escola de Barcelona. Tanto é asi, que se licenciou pola Escola Superior de Música de Cataluña ESMUC, estudando con grandes músicos como Carme Canela, Joan Monné, Agustí Fernández ou Aldo Caviglia.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina