Cursos de apoio para a preparación das competencias clave 2022

Dende o Servizo de Dinamización, Formación e Emprego da Concellería de Desenvolvemento local, Cultura, Festas e Turismo do Concello de Culleredo vanse levar a cabo accións de formación co obxecto de servir de apoio na preparación das competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 de cualificación profesional para o emprego.

Para acceder á formación dos certificados de profesionalidade de nivel 2 débese posuir unha formación básica necesaria e para isto é preciso acreditar que se posúen certas titulacións, certificacións ou acreditacións. Cando o/a aspirante non posúe os requisitos académicos necesarios, que é a situación na que se atopan unha grande cantidade de veciños/as de Culleredo en situación de desemprego e demandantes de formación e emprego,existe outra vía de acceso que consiste na superación das probas de competencias clave que organiza a administración.

Estas accións formativas realizadas en anos anteriores, cunha grande acollida por parte dos veciños/as de Culleredo, permitiron que a maioría dos/as participantes superasen as probas e desta forma poidesen acceder aos cursos vinculados aos certificados de profesionalidade de nivel 2.

Nº DE CURSOS: 2


REQUISITOS DE ACCESO:


• Empadroados/as en Culleredo.

• Maiores de 16 anos ou que os teñan feitos en 31 de decembro do ano natural en que se celebran as probas.

• Preferentemente en situación de desemprego e inscritos/as no Servizo Público de Emprego de Galicia.

• Non ter formación regrada igual ou superior á ESO, 2º B.U.P., F.P I ou equivalente, nin ter superadas as competencias clave de nivel 2 de lingua galega, lingua española e matemáticas.

• Ter presentada a solicitude para participar nas probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 de cualificación, que convocou a Xunta de Galicia para este ano 2022 (Procedemento TR306A).


DURACIÓN DE CADA CURSO: 40 horas.
PRAZAS OFERTADAS: Cada curso conta con 15 prazas. O curso que non cubra como mínimo o 75% das prazas poderá ser cancelado.
ASIGNACIÓN DE PRAZAS: Por orde de preinscrición, tendo en conta os requisitos de acceso sinalados anteriormente.
A PREINSCRICIÓN será do 3 ao 6 de maio de 202, a través do formulario web, que atoparás na páxina web do Concello de Culleredo (www.culleredo.es).
AS LISTAS provisionais e as definitivas de admitidos/as, poderán consultarse na páxina web do Concello de Culleredo ou chamando ao Centro Municipal de Formación e Emprego "Pablo Picasso". O número de prazas, calendario e horario poderán sufrir modificacións en virtude da evolución dos protocolos establecidos pola COVID-19.

- No arquivo adxunto a este anuncio tedes un cadro resumo en .pdf co procedemento a seguir -

 

PREINSCRICIÓN NO CURSO

 

MÁIS INFORMACIÓN:
Centro Municipal de Formación e Emprego " Pablo Picasso" do Concello de Culleredo.
R/ Antonio Machado, s/n. O Burgo – Culleredo.
Tfno.: 981664204

Vista previaAdjuntoTamaño
procedemento.pdf183.98 KB

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina