O Concello finaliza o obradoiro de emprego sobre dinamización do tempo libre

Moita emoción e ata algunha bágoa apareceu na clausura do obradoiro de emprego sobre dinamización do tempo libre que organizou o Concello de Culleredo, co financiamento da Xunta de Galicia. Os 13 mozos participantes fixeron piña durante o seis meses que durou a iniciativa e  mostráronse orgullosos de recibir a súa certificación, pero tamén apenados da conclusión do programa.
 
O Concello inicia agora cos 13 participantes un traballo de prospección e intermediación co mercado laboral para axudarlles na súa procura de emprego. Os técnicos municipais de Formación poranos en contacto con empresas do sector e efectuarán un seguimento personalizado.
 
De feito, algunhas empresas xa mostraron o seu interese. Nestes meses de obradoiro, os participantes xa efectuaron prácticas con algunhas delas, en eventos xestionados polo Concello, polo que xa teñen a súa carta de presentación.
 
"Queremos facer todo o posible para apoialos na súa procura de emprego", sinalou o primeiro tenente de alcalde, José Ramón Rioboo, que clausurou o obradoiro acompañado por Juan Carlos Lovelle, concelleiro de Formacion.
 
Rioboo felicitou aos rapaces pola súa enorme dedicación no obradoiro. "Estamos moi orgullosos", revelou. Nestes meses, ademais de recibir a formación téorica, implicáronse activamente en proxectos de tempo libre que eles mesmos idearon, deseñaron e executaron. Foi o caso dunha xornada de xogos populares, de talleres ou do festival Culleredo Cultura Urbana, que serviu o venres como colofón do seu traballo.
 
O obradoiro de emprego dirixiuse a mozos menores de 30 anos en situación de desemprego, a través do Sistema de Garantía Xuvenil.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina