Culleredo abre o segundo período de inscrición para a segunda edición do Curso de Micoloxía

O Concello de Culleredo abre o período de inscrición para a segunda edición do curso de micoloxía. A iniciativa alcanza este ano a súa XXII edición con gran expectación entre os veciños. O prazo de preinscrición ábrese o mércores 2  de novembro e prolongarase ata o 8 de novembro. O pago da actividade poderase facer do 10 ao 14 de novembro. Para facela hai que acudir á Concellería, sita no Centro Municipal de Formación e Emprego "Pablo Picasso" do Burgo (teléfono 981 664 204), en horario de 9.00 a 13.30 horas.
 
Este segundo curso, de catro días de duración, celebrarase do 16 ao 19 de novembro.  As sesións celebraranse na Casa dos Caseiros de Vila Melania (Vilaboa).
 
O XXII Curso de Micoloxía, organizado desde a Concellería de Desenvolvemento Socioeconómico, ten como obxectivo que as persoas participantes aprendan a recoñecer, buscar e identificar os cogomelos. Os cursos combinan tanto a teoría coa práctica para impartir todas as competencias necesarias na materia. A parte práctica desenvolverase o último día de cada curso e consistirá nunha saída ata Torre Lavandeira, en Curtis, onde os participantes poñerán en práctica os coñecementos adquiridos na parte teórica, mediante a recollida dos cogomelos, sempre baixo a supervisión do docente do curso.
 
O horario das sesións será 20.00 a 21.30 horas. O custo do curso é de 10 euros para empadroados e 12 para non empadroados. O Concello oferta 50 prazas para esta segunda edición  do curso, é dicir, un total de 100. Serán asignadas por orde de inscrición. Só se poderá participar nun dos dous cursos.
 
 
 
 
 

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina