Os veciños gozan dun Verán Movidiño ao aire libre

O Concello de Culleredo puxo en marcha desde o mes de xullo o programa Verán Movidiño, que ten como obxectivo promocionar o deporte e os hábitos saudables entre toda a cidadanía. Non importa a idade, é gratuíto e tampouco fai falta apuntarse, simplemente desprazarse polos cinco puntos nos que se realiza a actividade a diario por parte dun monitor especializado.

A iniciativa pretende incentivar aos veciños de todas as idades a levar un verán activo e saudable. Esta época é ideal para iniciar a práctica de exercicio e adquirir así un bo hábito necesario e saudable.

Cada día e ata o mes de outubro un monitor desprázase a unha das cinco zonas habilitadas no Concello para traballar coas persoas que alí se dean cita. Ata o momento xa pasaron centos de veciños polo programa e varios repiten a experiencia cada semana.

A programación semanal é a seguinte:
Os luns a cita é en Sueiro, de 19.30 horas a 20.30 horas; os martes en Tarrío, de 20 a 21 horas; os mércores en Celas de Peiro, de 19.30 a 20.30 horas, os xoves  en Fonteculler, de 10 a 11 horas; e os venres no Paseo Marítimo do Burgo, de 10 a 11 horas.

A actividade leva a cabo diferentes modalidades de exercicios: ximnasia, paseos, sendeirismo, xogos, e mesmo o uso de aparellos dos parques biosaludables. A música non falta para animar aos participantes a seguir o ritmo dos monitores e, de paso, chamar a atención dous paseantes. Calquera  que pase pola zona pode animarse a participar na actividade.

Para obter máis información pódese contactar cos centros municipais de servizos sociais no teléfono 981 65 45 70.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

Envíanos tus dudas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina